31 ene 2011

Centro de Saúde en Domaio_Irisarri & Piñera

autor_Irisarri & Piñera
situación_porto de Domaio (Moaña)
ano_1998-2000
premios_
_preseleccionado ó Premio Europeo Mies van der Rohe 2001


"Parese un sentro de salú". É unha frase moi habitual na xente en Galicia para valorar segundo o seu criterio unha vivenda de arquitectura contemporánea. Durante moitos anos e ata fai pouco, non era frecuente toparse no territorio galego construccións con criterios actuais ou "modernos", e os escasos exemplos eran a menudo centros de saúde, polo que a xente relacionaba directamente este tipo de arquitectura de formas sinxelas, grandes panos de vidro, moitas veces con cuberta plana e liberada de ornamentación con estes edificios sanitarios. Non alcanzan a entender como unha casa non ten a forma de casa de toda a vida, a forma de casa que todos debuxabamos de cativos, cunha cuberta a dúas augas, chimenea e fiestras cadradas. Todo isto ten unha razón lóxica. O SERGAS (servicio galego de saúde), dende fai anos promove concursos de ideas caracterizados por unha a liña arquitectónica contemporánea. Esta iniciativa tivo gratas consecuencias no panorama arquitectónico galego xa que fomentou a realización de edificios de calidade moi superior á media. Así, para moita xente calquera cousa "rara" é un centro de saúde, xa que é o únino referente da outra arquitectura que coñecen. Pouco a pouco vai sendo máis normal ver boa arquitectura en Galicia, pouco a pouco.

25 ene 2011

Refuxio de A Roiba_Molezún

autor_Ramón Vázquez Molezún
situación_praia de Beluso (Bueu)
ano_1967-1969
premios
_seleccionada para a exposición "Los brillantes 50: 35 proyectos". Madrid.
















Trátase dunha obra para sí mesmo dun dos maiores talentos da arquitectura moderna española, Ramón Vázquez Molezún (Medalla de Oro de la Arquitectura, 1992). Arquitecto coruñés que disfrutaba de largas tempadas de vacacións en Beluso neste pequeno refuxio. 

A casa levántase sobre os antigos muros dun alxibe e outras construccións adxetivas dá fábrica de salazón de A Roiba, situada apenas a uns metros. A planta baixa constrúese respetando parte dos muros de granito, case como unha continuación das rocas sobre as que se asenta. Esta planta anégase coa marea chea, así a porta de acceso deixa entrar e sair o auga xa que o uso como almacén de embarcacións o permite. Nos apenas 70m2 da planta primeira organiza todas as estancias da vivenda, así conta con  dous dormitorios, cociña, baños, zona de estar e terraza. Finalmente, despois de algunha modificación, na planta alta encontramos outro dormitorio e terraza. O interior está cheo de inxeniosos inventos do propio Molezún para aproveitar o máximo a reducida superficie. 

13 ene 2011

Futuro incerto para a piscina_Faro de Vigo

Unha noticia de hoxe que evidencia o futuro incerto da piscina municipal de Cangas, unhas instalacións en continua decadencia e abandono dende 2007. Unha inversión importante (que ainda está sen pagar) para unhas instalacións que teñen pinta de non abrirse xamáis. Os problemas crecen para o concello. Deixo un extracto desta noticia e máis abaixo o enlace: 
"(...). Pero lo cierto es que el Concello de Cangas no dispone en su arcas de dinero para hacer frente a esta deuda que se generó bajo el mandato del Partido Popular. Entre 2005 y 2008 la empresa ejecutó una docena de obras, entre ellas la de la piscina municipal, ahora en completo estado de abandono y que se iba a financiar con 2 millones de euros que se consiguieron del convenio urbanístico de Massó. En mayo del pasado año se había alcanzado un acuerdo con la empresa para empezar a pagar la deuda, pero no se pudo cumplir ni tan siquiera el primer plazo, que es lo que ahora se reclama vía judicial. La única forma que tiene la empresa de cobrar ahora mismo es embargar la relación de bienes patrimoniales que exige el juzgado. (...)"




6 ene 2011

Departamentos de pescadores en Cangas_Irisarri & Piñera



autor_Irisarri & Piñera
situación_porto de Cangas
ano_2007
coste total_1.200.000 €
premios_
_gañadora Premio FAD "Ciudad y Paisaje" 2008
_gañadora do Premio Ateg de Galvanización en Construcción 2008
_finalista Premios Enor de Arquitectura 2009
_mención de honor Premio Europeo do Espacio Público Urbán 2010
_representante galega no Festival de Arquitectura eme3 2010
_finalista X Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU)






O proxecto xorde en 2003 por iniciativa de Portos de Galicia que promove a construcción de 42 casetas para pescadores no porto de Cangas. Este organismo encárgalle o proxecto o estudio formado por Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera. As obras non dan comezo ata o 2005, e dous anos máis tarde, no 2007, rematan definitivamente.

4 ene 2011

En bici de Cangas a Caminha_La Voz de Galicia

"Cangas y Caminha unidas por un carril bici costero de 103 kilómetros de largo. Esa es la propuesta de la asociación A Golpe de Pedal que el alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve «muy interesante» y que el regidor se comprometió a defender en el seno de la Mancomunidad de Municipios y en el Eixo Atlántico. La senda pasaría por el puente de Rande -si la futura ampliación lo permite- Cangas, Moaña, Vigo, Nigrán, Gondomar, Baiona, Santa María de Oia y A Guarda. Este es un «proyecto para ser estudiado» insistió Caballero. No obstante el propio alcalde advirtió que la obra no tiene el beneplácito de la Xunta en la tocante al tramo entre Vigo y Baiona. El proyecto para un carril entre estos dos municipios tuvo el respaldo de 5.000 personas que firmaron a favor de la iniciativa presentada por A golpe de pedal. En cambio, otras 500 familias se opusieron rotundamente."